CRTVG

Buscar

Os traballadores de Ence defenderán os seus empregos nos xulgados

Publicado o 27/03/2019 19:41

Os representantes dos empregados de Ence xa estudan as posibilidades legais para defender os seus postos de traballo nos xulgados. Este martes reuníronse con representantes da Secretaría de Estado de Medio Ambiente e, segundo lles explicaron, a posibilidade de que Ence prorrogue a súa presenza en Pontevedra depende de interpretacións legais e non de cuestións ambientais.

Intentarán presentarse na causa aberta contra a prórroga de Ence na Audiencia Nacional e denuncian que os informes sobre a súa legalidade varían dependendo do goberno. Ademais, anuncian mobilizacións na rúa en defensa dos seus empregos.

Noticias web

27/03/2019