Os traballadores de Ence critican o Goberno por pensar xa nun calendario de demolición
Publicado o 20/10/2021 16:02
Os traballadores non entenden por que o Goberno central fala de derrubar a fábrica, cando ningunha das sentenzas é firme. O Estado propón unha saída ordenada, pero para o comité de empresa a única saída para os traballadores é seguir na mesma localización.
A Audiencia Nacional estimou o recurso presentado pola Asociación pola Defensa da Ría. Apóiase en que non cumpre os requisitos para situarse en terreo marítimo-terrestre. Con esta nova sentenza, o Goberno insiste en que Ence ten que saír de Lourizán.
Mentres, a Xunta segue barrallando alternativas que lle permitan á empresa seguir na ría de Pontevedra para manter os postos de traballo.
Con esta situación, os traballadores anuncian que recruarán as mobilizacións na rúa.