Os traballadores de Ence cortan o tráfico en Pontevedra
Publicado o 09/03/2021 14:47

Os traballadores de Ence cortaron hoxe o tráfico na autovía entre Marín e Pontevedra. Reclaman seguridade xurídica para a empresa, xa que aseguran que neste momento viven con incerteza o seu futuro laboral.
Temen que a nova lei do cambio climático leve ao peche da factoría en Lourizán e á perda de preto de 5.000 postos de traballo en Galicia.