CRTVG

Buscar

Os traballadores de Ence anuncian mobilizacións xunto co sector forestal

Publicado o 03/04/2019 20:18

Os traballadores de Ence anuncian novas mobilizacións cunha caravana de transportistas á que se sumará o sector forestal. Por outra banda, xa inciaron os trámites para presentare nos tribunais en defensa dos seus empregos. As organizacións empresariais alertan dunha posible perda de investimentos en Galicia.

O cadro de persoal de Ence dá os primeiros pasos para defender a continuidade da pasteira en Lourizán pola vía xudicial en contacto cos seus avogados. Os traballadores perfilan novas protestas na rúa en defensa dos seus empregos.

Os empresarios estudan personarse na causa xudicial e temen unha fuga de investimentos en Galicia.

Os traballadores iniciaron unha colecta para facer fronte ao proceso xudicial.

O PSdeG de Galicia defende a continuidade de Ence en Galicia

Os socialistas galegos piden respecto á decisión que se tome na Audiencia Nacional sobre a prórroga a ENCE. O seu voceiro no Parlamento avoga pola continuidade da empresa en Galicia.

Comisións Obreiras carga contra as forzas de esquerdas de Pontevedra

Dende CCOO amosan o apoio aos traballadores de ENCE e acusan os partidos de esquerdas da cidade de provocar a situación actual da pasteira. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/04/2019