CRTVG

Buscar

Os traballadores de Barreras volven ao traballo despois da parada do Nadal

Publicado o 07/01/2020 10:12

Despois da parada de Nadal imposto pola empresa ante a falta de actividade desde hai máis de dous meses, os empregados de Barreras volven ao traballo, en principio, con optimismo.

"Nós somos optimistas. Neste momento parece que hai interese por todas as partes de sacar o tema adiante", asegura Sergio Gálvez- Presidente do comité de empresa.

Ritz Carlton ten que negociar a débeda, pactar un acordo nas próximas semanas. O comité de empresa segue pendente de coñecer o plan de negocio, agarda que non descarte a carga de traballo que xa está contratada.  "Havila segue aí, nós sabemos que hai contactos, e Armas tamén é opción de futuro. Entendemos que deberiamos ir por toda a carga de traballo. E logo, se o armador tamén aposta polos próximos buques de Ritz Carlton, para nós sería unha boa folla de ruta e un bo plan de actividade", di Sergio Gálvez.

Os traballadores cren que coñecerán ese plan axiña. A xunta xeral podería reunirse o día 13 e logo imaxinan que a armadora sentará a falar con todas as partes.

 

Noticias web

07/01/2020