CRTVG

Buscar

Os traballadores de Barreras esixen unha solución urxente

Publicado o 12/11/2019 16:05

Mobilizacións tamén noutro estaleiro, neste caso privado. Os traballadores de Barreras protagonizaron unha manifestación que percorreu as rúas próximas ás instalacións da empresa en Vigo. Aseguran que se están producindo negociacións e esperan que se acade pronto unha solución para poder continuar coa actividade.

O Goberno galego explíca ás auxiliares a liña de préstamo

O conselleiro de Economía e Industria dixo en Vigo que o acordo que se acade para Barreras ten que pasar por unha solución integral. Asegurouno durante unha reunión coas empresas auxiliares da industria naval para explicarlles a liña de crédito aberta polo Goberno galego para aliviar a súa situación. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/11/2019