CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alu Ibérica volverán á folga tras o despedimento de catro membros do comité

Publicado o 18/02/2021 09:44

Os que volverán á folga son os traballadores de Alu Ibérica na Coruña. Farano tras os despedimentos de catro membros do comité de empresa.

O presidente do comité de empresa Juan Carlos López Corbacho atópse nas instalacións para intentar entrar no seu interior.

Ás dúas da tarde reiniciarase a folga, que se adiou no mes de xaneiro por mor da pandemia.

Xa pola tarde, ás cinco, hai convocada unha concentración na porta de Alu Ibérica en apoio ao comité de empresa.

Reivindican a intervención das diferentes administracións porque entenden que isto é un desmantelamento da empresa.

Noticias web

18/02/2021