CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alu Ibérica trasladan ao ministerio as súas reivindicacións

Publicado o 05/06/2020 07:55

Os traballadores de Alu Ibérica, as antigas Alcoa na Coruña e Avilés, reúnense hoxe con representantes do Ministerio de Industria para explicarlles a situación nas plantas e preparar a seguinte reunión da mesa industrial, que será o 9 de xuño.

Os comités de empresa denuncian que o seu novo propietario, o grupo Riesgo, non ten un plan de negocio para garantir a actividade produtiva e os emprego a longo prazo. Na planta da Coruña traballan 400 persoas. Mañá vanse concentrar en María Pita.