CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alu Ibérica pídenlle ao Ministerio de Industria que interveña a factoría

Publicado o 30/06/2020 20:08

Os traballadores de Alu Ibérica esíxenlle ao Ministerio de Industria que interveña a empresa. Denuncian que a venda por parte de Parter ao Grupo Riesgo está incumprindo o pactado en canto ao mantemento de actividade e emprego.

O comité de empresa reclámalle ao Goberno central que actúe xa.  

"O Goberno non pode seguir con esta parálise, ten que executar unha intervención. Non estamos a falar dunha nacionalización nin dunha intervención para sempre, estamos pedindo unha intervención puntual e temporal para clarificar todo o que está pasando", di Juan Carlos López Corbacho, presidente do comité de empresa de Alu Ibérica.

 

Noticias web

30/06/2020