CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alu Ibérica instan ao Goberno e á Xunta a retomar a produción na planta

Publicado o 02/09/2021 16:22
Os traballadores de Alu Ibérica instan ao Goberno e á Xunta a retomar a produción na planta

Os traballadores da empresa Alu Ibérica da Coruña, a antiga Alcoa, concentráronse esta mañá diante da Delegación do Goberno en Galicia. A factoría foi intervida xudicialmente desde o pasado mes de maio, e está inactiva. Os traballadores instan o Ministerio de Industria e a Xunta a que busquen alternativas para retomar a produción da planta. O admistrador xudicial, segundo o comité de empresa, advertiu dun posible corte da electricidade polos impagos que deixou o Grupo Riesgo.

 

Noticias web

02/09/2021