CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alu Ibérica esixen en Madrid que a SEPI interveña a empresa

Publicado o 15/04/2021 16:51

Os traballadores das dúas plantas de Alu Ibérica, a da Coruña e a de Avilés, trasladaron a súa protesta a Madrid. Concentráronse diante do Ministerio de Industria para reclamar unha maior implicación por parte do Goberno para resolver a súa situación.

Entregáronlle unha carta a Raúl Blanco, secretario xeral de Industria, pedindo unha reunión urxente co Ministerio na que estean todas as administracións. Os traballadores esixen a intervención da SEPI para salvar a actividade e o emprego nas dúas plantas.

Noticias web

15/04/2021