Os traballadores de Alcoa solidarízanse cos hosteleiros de Burela
Publicado o 25/07/2020 16:14
Once e media da mañá. Este é un dos bares aos que hoxe van ir tomar algo os traballadores de Alcoa.
No bar un cartel amosa o seu apoio aos traballadores, peza clave na xuntanza que a mesa multilateral vai manter este luns co Ministerio, onde tamén estarán as empresas auxiliares.
Os traballadores esixen que non se paren as cubas, unha hibernación que defende Alcoa para acceder a vender a planta e que, segundo os sindicatos, impediría a súa venda.
Esta pasada semana Alcoa ampliou o período de consultas do ERE ata o catro de agosto
Os traballadores insisten en que as administracións deben paralizar un ERE que levaría á rúa a 534 traballadores