CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alcoa San Cibrao pídenlle ao PSdeG que reclame a Madrid un novo estatuto electrointensivo

Publicado o 09/09/2019 16:32

Os traballadores da factoría de Alcoa en Cervo inician esta semana un calendario de mobilizacións.

Hoxe reuníronse co secretario xeral dos socialistas galegos para trasladarlle as súas demandas. Esíxenlle ao Ministerio de Industria un prezo eléctrico competitivo para que Alcoa deixe de pagar a enerxía un 50% máis ca os seus competidores europeos.

A empresa pechou varias cubas e baixou a produción en máis dun 11%. Isto fixo saltar todas as alarmas entre os traballadores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2019