CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alcoa San Cibrao mobilízanse para conseguir un prezo da enerxía competitivo

Publicado o 13/09/2019 15:42

Que o Goberno central achegue unha solución inmediata ao estatuto das empresas electrointensivas. É o clamor dos traballadores de Alcoa. Sinalan que ante o elevado prezo da enerxía nos últimos meses a empresa xa rebaixou a intensidade da fábrica un 11% e temen que as seguintes medidas afecten ao emprego.

Os problemas na factoría non só afectarían aos dous mil empregos directos e indirectos senón tamén a toda a comarca da Mariña, onde comerciantes e hostaleiros apoian as mobilizacións.

Ás mobilizacións programadas para os venres sumaranse novos actos como unha marcha en Lugo e unha concentración en Madrid.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2019