CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alcoa retoman as mobilizacións

Publicado o 19/07/2021 21:14

Os traballadores de Alcoa San Cibrao retoman as mobilizacións. Cortaron a estrada que dá acceso á factoría e fixeron unha andaina ata San Cibrao. Sobre a reunión do Goberno co presidente de Alcoa en Pittsburgh rexeitaron facer valoracións.

"Agora a ministra di que a venda de Alcoa se desbloqueou na reunión de Pittsburgh, pero ata que non teñamos papeis por escrito non teremos nada. Seguimos como mesmo problema que tiñamos ao principio. Necesitamos que se venda a un comprador solvente e que alguén garanta que ese comprador sexa solvente, que alguén dea viabilidade á operación e ese ten que ser o Goberno ou a Xunta de Galicia. Para nós, esa garantía é a Sepi. Se atopan algunha outra fórmula que nos sirva tamén podemos falalo", di José Antonio Zan, presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao.

 

 

Noticias web

19/07/2021