CRTVG

Buscar

O mércores cita no Ministerio de Industria para os traballadores de Alcoa: comezan as negociacións

Publicado o 01/06/2020 11:01

Será o mércores cando o comité de empresa de Alcoa San Cibrao manteña unha xuntanza telemática con representantes do Ministerio de Industria cun claro obxectivo: atopar entre todos unha solución que permita manter aberta a factoría e que garanta o mantemento dos postos de traballo dos 534 traballadores da propia factoría e dos empregos das industrias auxiliares que dependen directamente dela.

"No caso do aluminio, somos uns 400 traballadores directos", apunta o voceiro das industrias auxiliares, Kike Rocha.

"Nós traballamos man a man cos compañeiros de Alcoa", di Rocha, para quen a solución pasa "pola intervención da factoría polos estamentos públicos tanto do Goberno central como da Xunta". 

"A comarca vaino notar (...). Este é o principal motor económico da Mariña", apunta Rocha. Dende as industrias auxiliares din que tamén estarán presentes na reunión do mércores.

Noticias web

01/06/2020