CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alcoa pídenlle ao Goberno que asuma a tutela das plantas

Publicado o 11/01/2019 18:49

Os traballadores de Alcoa rexeitan a última oferta da empresa consistente no peche parcial das instalacións da Coruña e Avilés ata que apareza un investidor á custa de despedir dous terzos do cadro de persoal. O comité de empresa propón que o Goberno asuma a tutela das plantas mentres busca unha alternativa industrial. Din que Alcoa aceptou estudar esta proposta. Ao BNG parécelle unha saída sensata.

"Asumir a xestión de Alcoa, asumir que a súa responsabilidade é buscar un comprador e polo tanto garantirlle futuro a esta empresa", dixo Ana Pontón, portavoz nacional do BNG

"Seguimos nunha situación de incerteza, nin o Goberno central nin Alcoa fixeron os seus deberes", asegura Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG

É para a Xunta boa parte da solución pasa porque o Goberno fixe unha tarifa eléctrica competitiva para este tipo de industria.
"Parécenos especialmente relevante que o Goberno dea unha resposta inmediata á situación das empresas electrointensivas. A situación de Alcoa pode ter un efecto dominó noutras empresas electrointensivas en Galicia", reiteou o conselleiro de Industria

O comité de empresa de Alcoa convocou mobilizacións este sábado en Avilés e o domingo na Coruña.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019