CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alcoa piden que o Ministerio de Industria controle a xetión da empresa

Publicado o 08/05/2020 22:22

Os traballadores de Alcoa pídenlle ao Ministerio de Industria que interveña para garantir a viabilidade das plantas da Coruña e Cervo. Queren que a ministra reúna nunha mesa a Alcoa, a Xunta, o Principado de Asturias e os representantes dos traballadores para evitar o desmantelamento das factorías. Acusan a Alcoa de estar desviando diñeiro que tiña que ir destinado ao mantemento dos postos de traballo e de incumprir deste xeito os acordos aos que chegara para manter a viabilidade.

 

Noticias web

08/05/2020