CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alcoa San Cibrao recorren á Xustiza para parar o ERE

Publicado o 16/10/2020 23:05
Os traballadores de Alcoa San Cibrao recorren á Xustiza para parar o ERE

Os traballadores de Alcoa en Cervo pedíronlle este venres ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que decrete medidas cautelares para parar temporalmente o expediente de regulación de emprego. 

Reclámanlle ó tribunal que a SEPI interveña a planta ou que se lle impoña a administración xudicial. Tamén que a xustiza lle prohíba a Alcoa paralizar das cubas e executar os despedimentos do ERE ata que haxa sentenza firme. 

Así mesmo e, subsidiariamente, solicítase que se ordene a Alcoa non comezar coa paralización das cubas e, en consecuencia, non executar os despedimentos individuais en tanto non exista sentenza firme.

Os traballadores de Alcoa están en folga indefinida dende hai días, despois do fracaso das negociacións para a venda da fábrica da Mariña a Liberty House.