Os traballadores de Alcoa non tiran a toalla
Publicado o 21/10/2020 12:45
Tensión entre os traballadores de Alcoa á espera da vista a próxima semana no TSXG para ver as medidas cautelares solicitadas polos sindicatos para evitar o ERE.
Unha preocupación que os membros da quenda de noite de electrólise quixeron expresar con esta iniciativa desenfadada. Unha nota de humor para expresar o seu malestar e a decisión de defender os seus postos de traballo. Eles serían dos primeiros despedidos de aplicarse o ERE.
Para mañá está convocada unha protesta ante a sede do INEM en Burela.