CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alcoa na Coruña séntense estafados polo Goberno central

Publicado o 26/04/2019 15:06

Ás seis desta tarde, os traballadores da planta da Coruña volven manifestarse. Sairán dende as portas da fábrica e marcharán ata a sede da Delegación do Goberno.

Para o presidente do comité de empresa de Alcoa na Coruña, Juan Carlos López Corbacho, "non é verdade que non se poida aprobar este estatuto. O informe que fai a CNMC é un informe que non é vinculante para ninguén. Estafados, mentíronnos unha vez máis. Nós chegamos a un acordo con Alcoa e quen nos vai pechar é o propio goberno. Isto é indignante".

Cren que sen un estatuto que abarate a electricidade vai ser difícil que algún dos sete investidores interesados acabe mercando as fábricas da Coruña e de Avilés. O ultimato de Alcoa esgótase: se non aparece ningún comprador que convenza a multinacional antes do 30 de xuño, a empresa despedirá o 43% por cento dos traballadores, isto é, 268 operarios.

Noticias web

26/04/2019