O comité de empresa senta só na última reunión polo futuro de Alcoa San Cibrao
• Os traballadores recibiron entre apupos os representantes, que logo marcharon | O comité pide unha prórroga de seis semanas
A tensión nas reunións en Alcoa non para de aumentar. Tras o desplante da empresa á recente mesa multilateral convocada polo Goberno para desbloquear a situación, esta mañá os traballadores recibiron con ovos os representantes da empresa á reunión convocada entre Alcoa e comité.
O autobús en que viñan tivo que dar media volta, deixando só o comité de traballadores. Este encontro foi convocado co obxecto de proceder á firma da acta redactada pola dirección da empresa, aínda que desde o comité aseguraron que se volverá a poñer encima da mesa unha proposta de prórroga de seis semanas para dar saída a esta situación de incerteza e tensión, que pon en risco máis de medio milleiro de postos de traballo.
Piden a Goberno e Xunta que os apoien e actúen con fimeza e contundencia.