CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alcoa en Cervo retoman as mobilizacións este venres

Publicado o 12/09/2019 15:34

A asemblea dos traballadores da factoría aprobou por unanimidade comezar mañá mesmo co calendario de mobilizacións.

Nunha xuntanza de afluencia masiva, os empregados aprobaron celebrar concentracións ás portas da factoría todos os venres a medidodía. Ademais, teñen previsto realizar unha marcha ata a Subdelegación do Goberno en Lugo para entregar as súas reclamacións.

Tamén valoran a posibilidade de desprazarse a Madrid para protestar ante o consello de ministros. Queren que o Goberno central dea unha solución inmediata ao estauto das empresas electrointensivas que beneficiaría esta factoría e que, aseguran, despexaría o seu futuro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2019