CRTVG

Buscar

Os traballadores de Alcoa non están dispostos a ratificar o acordo de venda

Publicado o 28/06/2019 08:09
Os traballadores de Alcoa non están dispostos a ratificar o acordo de venda

Horas decisivas para o conflito de Alcoa. Esta tarde reúnese a empresa cos comités das plantas da Coruña e de Avilés, con posicións moi afastadas.

A multinacional americana pon como condición que os traballadores ratifiquen a venda a suíza Parter ou o domingo comezará a aplicar o ERE na empresa. Os traballadores prefiren a venda ao ERE, pero non queren avalar un contrato en que non participaron e que, din, ten cláusulas financeiras confidenciais.

Unha vez que a venda sexa firme, os suízos garanten o emprego durante dous anos e logo queren reducir o cadro de persoal de 700 a 500. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/06/2019