Os traballadores de Alcoa deciden manter a suspensión da folga ata o 2 de agosto
Publicado o 23/07/2021 14:45

Os traballadores de Alcoa San Cibrao manterán en suspenso a folga ata o dous de agosto. A asemblea acaba de tomar esta decisión por unanimidade para facilitar que a multinacional e o Goberno cheguen a un acordo de venda da factoría.
O presidente do comité de empresa asegura que é un exercicio de responsabilidade dos traballadores que espera que se traduza nunha solución inmediata para a planta da Mariña.