Os traballadores de Alcoa agardan que o Goberno tome medidas para abaratar o custo da enerxía
As industrias electrointensivas agardan concrecións por parte do Goberno central e están moi pendentes das novas que poidan chegar os vindeiros días. É o caso dos traballadores de Alcoa en San Cibrao, que terán unha xuntanza o vindeiro xoves, Natalia Penas.
Para o día 23 está convocada a mesa de seguimento da crise industrial. Aí agardan que desde o Ministerio de Industria concreten as propostas para o futuro. Tanto a direccion da empresa como os traballadores son pesimistas, Aseguran que Alcoa prevé este anos uns 85 millóns de perdas entre as dúas fábricas de San Cibrao.
A compañía di que soporta un prezo electrico de preto de 70% máis caro que os seus competidores.
As súas esperanzas están postas en que o novo goberno poña en marcha o estatuto do consumidor electrointensivo con todas as medidas necesarias para abaratar o custo.