CRTVG

Buscar

Os traballadores de Airbus toman as rúas de Xetafe e Cádiz para protestar polo despedimento de 1.600 empregados

Publicado o 23/07/2020 15:01

Os traballadores de Airbus toman as rúas de Xetafe e Cádiz. Protestan polos axustes de persoal anunciados pola multinacional, que afectarán máis de 1.600 traballadores das plantas de España.

Tamén estaba prevista outra concentración en Sevilla, pero tivo que ser suspendida tras detectarse un positivo por coronavirus entre os traballadores

Os representantes dos traballadores pedíronlles ás administracións que se impliquen neste conflito e anunciaron unha nova folga para o mes de setembro se o xigante aeronáutico non retira o expediente de regulación de emprego.

Noticias web

23/07/2020