CRTVG

Buscar

Os traballadores das residencias e dos centros de día someteranse a cribados masivos cada quince días

Publicado o 11/09/2020 08:20

• Regularanse as visitas, un a un, con cita previa, e a ser posible ao aire libre

Última vítima en Galicia: un interno do xeriátrico de Outeiro de Rei

A Xunta adopta novas medidas que afectan ás residencias, aos seus traballadores e aos seus usuarios. O presidente Alberto Núñez Feijóo avanzou na comparecencia logo do Consello da Xunta varias das decisións tomadas co consello do comité clínico de expertos.

Estas decisións chegan logo de que o comité clínico e a Xunta constatasen que Galicia está "nunha segunda vaga dende hai semanas".

Esta nova vaga na pandemia chegou "antes do que estaba previsto", aínda que é distinta á anterior. "A pesar de termos 4.000 casos activos, semellantes aos que había en primavera, moitos son  asintomáticos", indicou Feijóo.