CRTVG

Buscar

Os traballadores das Pontes pídenlle ao Congreso que evite o peche da térmica

Publicado o 16/10/2019 21:15

 As Pontes vive unha xornada de folga xeral, os traballadores da central térmica viaxaron a Madrid para concentrarse diante do Congreso dos Deputados. Tamén viaxaron á capital traballadores de empresas auxiliares, trasnportistas do carbón, veciños e políticos galegos. Todos reclaman solucións. Admiten a necesidade da descarbonización, pero insisten en que hai alternativas suficientes para manter o emprego na comarca.

Á caravana de protesta ata Madrid sumáronse 120 transportistas, unha vintena de autobuses con 1.200 veciños das Pontes e varios coches particulares. Os traballadores de Endesa contaron co apoio das empresas auxiliares e dos transportistas do carbón que están sen traballar pola parada na actividade da térmica. Tamén se desprazaron á capital de España políticos locais e deputados de todos os partidos. Todos particparon na concentración diante do Congreso dos Deputados para reclamar que a transición ecolóxica dure máis tempo. 

Marcos Prieto, vicepresidente do comité de empresa "Hoxe é un chamamento a todos os políticos porque entendemos que o tema da perda de postos de emprego é unha das grandes responsabilidades que teñen os politicos deste país e temos que frear dalgunha maneira a sangría que hai a nivel laboral". 

"Endesa ten que empezar a traballar, a transición ten que ser moito máis longa, é que isto non é unha transiciòn é unha liquidación· O que lles pedimos aos políticos é que nos axuden, que temos alterantivas e temos alternativas moi boas"

Técnicos alleos á empresa e dun instituto adscrito ao Ministerio para a Transición Ecolóxica van realizar unhas probas nos próximos días para avaliar se as alternativas propostas son viables.

Mentres os traballadores se manifestaban diante do Congreso dos Deputados, no interior producíase esta xuntanza. Os representantes do comité de crise creado nas Pontes tras o anuncio do peche de Endesa reuníronse con representantes dos grupos políticos. A todos eles trasladáronlles a necesidade de que a transición enerxética sexa xusta. A maioría dos grupos están de acordo en que esa transición é inevitable, pero insisten en que o Goberno de Pedro Sánchez debe ofrecer solucións para a comarca.

Nestor Rego: "Nós como BNG somos partidarios da descarbonización da transición ecolíxica pero entedemos que esa transición ten que ser xusta e con alternativas".  Yolada Diaz:"Acabamos de presentarlle á minsitra unha carta dándolle de prazo un mes para presentar un plan para solventar unha saída social e economica á comarca".  Valentíin González Formoso: "Que se impliquen as administracións, que nos esquezamos da reactivación industrial futura que ten que ser xa presente, para o cal ten que haber unha dotación de fondos". Miguel Tellado: "O goberno de España, o goberno de Pedro Sánchez, do candidato Sánchez, o que quixo é pechar de xeito abrupto e inmeidato as centrais térmicas do noso país, o goberno pode adoptar medidas fiscais para qe as centrais galegas volvan ser competitivas"

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/10/2019