CRTVG

Buscar

Os traballadores das Pontes fan un chamamento para unirse ás mobilizacións da vindeira semana

Publicado o 10/10/2019 21:10

Fan un chamamento nas Pontes a secundar o calendario de mobilizacións na defensa dunha alternativa de futuro para a térmica de Endesa e para a comarca. As Pontes vivirá o próximo mércores, día 16, unha xornada de folga xeral. Ese mesmo día en Madrid está convocada unha concentración ás portas do Congreso dos Deputados á que se sumará unha caravana de camións.

Transportistas do carbón, sindicatos, asociacións empresariais e o Concello das Pontes chaman a secundar as mobilizacións da próxima semana. As probas que Endesa está a acometer con biocombustibles permitiu a volta temporal ao traballo duns vinte camións, unha medida que consideran totalmente insuficiente. Pídenlle á empresa que os reciba e defina que futuro lle quere dar a esta central.

Neste contexto, manteñen as protestas. O mércores, día 16, toda a localidade das Pontes está chamada a secundar un paro xeral que tamén afectará ao porto exterior de Ferrol. Ese mesmo día sairán cara a Madrid varios autobuses para concentrarse pola tarde ás portas do Congreso dos Deputados.

En Madrid tamén se sumará á protesta a caravana de camións que partirá das Pontes un día antes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2019