CRTVG

Buscar

Os traballadores das Pontes denuncian que Endesa está desmantelando a térmica de forma encuberta

Publicado o 26/08/2021 15:26

Dos 174 traballadores cos que contaba a central das Pontes quedan hoxe entre 70 e 80 empregados, segundo datos da propia Endesa. A maior parte deles, un 60 %, acolléronse a prexubilizacións e o resto, a procesos de traslado a outros centros. Os traballadores denuncian que Endesa non está cumprindo os acordos pactados e que está levando a cabo un desmantelamento encuberto da planta.

A perda de emprego é ainda máis grave entre as compañías auxiliares que se ían ocupar do despezamento da central. Desde Endesa din que a cantidade de alegacións presentadas está retrasando a autorización para comezar cos traballos. O comité de empresa responde que se está destruindo emprego sen alternativas firmes.

A próxima semana haberá un novo encontro entre administracións e representantes dos traballadores para avanzar na principal demanda dos afectados. Unha transición xusta para unha comarca que pode perder, segundo un estudo da Universidade da Coruña, ata 1.500 empregos.

Noticias web

26/08/2021