CRTVG

Buscar

Os traballadores das ETT poden beneficiarse dos plans de igualdade da empresa usuaria

Publicado o 26/11/2019 20:37

Os traballadores contratados a través das empresas de traballo temporal, as ETT, poden beneficiarse dos plans de igualdade da empresa usuaria.

Así o establece o Tribunal Supremo nunha sentenza coñecida este martes, que desestima os recursos presentados por varias ETT. Segundo o alto tribunal, os traballadores contratados para seren cedidos deberán beneficiarse das medidas incluídas no plan de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, do mesmo xeito que os traballadores propios da empresa usuaria. O contrario, di o tribunal, sería ir contra a Lei das ETT e a propia Lei de igualdade.

Noticias web

26/11/2019