CRTVG

Buscar

Os traballadores das empresas auxiliares da central das Pontes levantan o campamento

Publicado o 23/07/2021 21:23

Os traballadores das empresas auxiliares da central das Pontes levantan o campamento despois de 18 días. Fano polas boas perspectivas que teñen tras a reunión coa Xunta desta semana. E é que a próxima van manter un encontro con Endesa e coa Xunta na procura dunha solución. O 30 de xuño rematou a garantía de emprego que a eléctrica lles dera aos traballadores das  empresas auxiliares tras anunciar o peche da central térmica.

"No tema laboral hai que parar a situación que hai agora mesmo en todas as empresas de despedimentos ou de traslados e empezar xa a traballar todos conxuntamente a ver se somos capaces de conseguir que os150 traballadores das empresas auxiliares queden aquí", di José Hurtado, de Comisións Obreiras.

"Desa reunión teñen que saír compromisos concretos coa garantía de emprego e con alternativas laborais reais a curto prazo", afirma Alberte Amado de CIG.

"Levamos case dous anos con estas mobilizacións. Entedemos que unha transición xusta ten que pasar non só por cortar a billa de golpe senón que ten que ser con tempo e forma", asegura Nicasio Pena de UXT.
 

Noticias web

23/07/2021