Os traballadores das electrointensivas piden na Coruña un estatuto que garanta o futuro do sector
É a principal demanda dos traballadores de Alcoa San Cibrao, de Alu Ibérica na Coruña, das dúas plantas de Ferrolatlántica e da siderúrxica Celsa. Denuncian na rúa a situación crítica que vive a industria electrointensiva, con milleiros de empregos no aire ante a falta de medidas que garantan a súa competitividade.
Víctor Ledo, CIG: "Unhas dez mil persoas que están vencelladas ao sector siderúrxico. Non só os traballadores da principal, tamén os empregos indirectos".
Consideran que o borrador de estatuto electrointensivo presentado polo Goberno non responde ás necesidades do sector e piden que inclúa as alegacións presentadas que comparten os tres sindicatos.
Xoán Xosé Bouzas, CIG: "Entendemos que o goberno non fai unha aposta clara, non ten unha folla de ruta e estase preparando para o peor. Seía o peche das empresas e o desemprego".
A manifestación percorreu boa parte da Mariña da Coruña e rematou diante da Delegación do Goberno coa lectura dun comunicado conxunto de CCOO, UXT e a CIG.