CRTVG

Buscar

Os traballadores das auxiliares de Alcoa súmanse á folga indefinida

Publicado o 21/07/2020 09:47

As empresas auxiliares de Alcoa súmanse hoxe á folga indefinida que comezaron onte os traballadores da factoria. Nas portas da alúmina, son as últimas medidas de presión, xa na conta atrás porque este xoves remata o prazo que puxera Alcoa para as consultas cos traballadoras para negociar o ERE que ocasiona centos de despedimentos. Os traballadores de Alcoa comezaron onte unha folga indefinida a que hoxe se suman os traballadores das empresas auxiliares.

Enrique Rocha, un dos voceiros das empresas auxiliares, explica que a situación se agrava porque o tempo cada vez é menor e ningunha empresa pública dá un paso en firme, cando se está a poucas horas de ver "mil traballadores na rúa", xa que son 530 traballadores de Alcoa e o resto os das auxiliares, que xa non terían carga de traballo.

Noticias web

21/07/2020