CRTVG

Buscar

Os traballadores da UCI do CHUS reclaman condicións laborais xustas

Publicado o 08/06/2020 22:07

Traballadores da Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Clínico de Santiago de Compostela reclaman condicións laborais xustas e dignas.

Concentráronse diante da entrada principal do hospital para denunciar as dificultades coas que se atopan para traballar na UCI de adultos.

Dende a xerencia xa lles trasladaron que están a estudar cómo remodelar a UCI e a implantación de criterios de movilidade para os traballadores.

Noticias web

08/06/2020