Os traballadores da UCI do CHUS protestan ante a Consellería de Sanidade
Publicado o 26/01/2021 15:15

Este mediodía, un grupo de traballadores do hospital Clínico de Santiago concentrouse diante da Consellería de Sanidade.
Piden que se habilite unha nova UCI, porque consideran que a actual quedou obsoleta. Demandan que se constrúa nun tempo razoable sen reducir as camas dispoñibles mentres tanto.
Hai once semanas, o persoal da unidade acordou iniciar unha folga, pero, segundo denuncian os sindicatos, o servizos mínimos establecidos provocan que os días dos paros haxa máis persoal ca noutras xornadas.
Máis sobre Santiago de Compostela
06/03/2021 14:21