CRTVG

Buscar

Os traballadores da planta de Siemens Gamesa de Aoiz protestan polo peche da factoría

Publicado o 23/07/2020 15:01

Os traballadores da planta que Siemens Gamesa ten na localidade navarra de Aoiz tamén se mobilizaron para protestar polo peche da factoría.

Fixeron unha marcha nocturna dende a planta ata o Parlamento de Navarra, onde esta mesma mañá o conselleiro de Desenvolvemento Económico explicaba as actuacións do Goberno foral neste conflito laboral.

Os sindicatos lembran que o ere afectaría preto de 240 traballadores.

O Goberno de Navarra comprometeuse a facer todo o que estivese na súa man para manter a actividade e o emprego.

Noticias web

23/07/2020