Os traballadores da planta de PSA en Vigo reclaman máis persoal, no segundo día de paros
Segunda xornada de paro na planta de PSA en Vigo para protestar polo inmobilismo da empresa ante a alta carga de traballo no sistema de produción. Desde os sindicatos falan dunha paralización total da fábrica, mentres que a empresa cifra nun dezaoito por cento o seguimento.
Os traballadores de Citroën volvéronse manifestar esta tarde polas rúas de Vigo. É a segunda xornada de paro que levan a cabo para denunciar a sobrecarga de traballo. A empresa recoñecía, pola mañá, que o paro provocou alteracións na produción e remiten á mesa de diálogo convocada para o venres. Os sindicatos falan de paralización total e lamentan que a empresa non reaccionase tras a primeira xornada de folga.
Máis de 5.000 traballadores están convocados a un paro de catro horas por cada unha das quendas. Buscan una redución da sobrecarga de traballo e reclaman, para iso, un incremento de persoal.