CRTVG

Buscar

Os traballadores da planta de Alcoa en Avilés marchan a pé ata Madrid

Publicado o 13/06/2019 20:05

Os traballadores da planta de Alcoa de Avilés iniciaron unha marcha a pé ata Madrid para pedirlle ao Goberno central solucións ante o posible peche da factoría se non se aproba o estatuto das electrointensivas., que abarate o prezo da enerxía.

Encabezando a protesta van todos os membros do comité de empresa, que aseguran que os ánimos do cadro de persoal están altos, pero a confianza en poder vender a planta vai decaendo. Os traballadores prevén percorrer os 330 quilómetros que os separan de Madrid en dez días, case ao límite de que finalice o prazo que deu Alcoa para vender as plantas de Avilés e da Coruña, ou facer efectivo o seu peche.










 

Noticias web

13/06/2019