CRTVG

Buscar

Os traballadores da Mercedes paran a produción en Vitoria

Publicado o 16/03/2020 21:09

Outras empresas da automoción sofren de cheo o impacto do corornavirus. En Vitoria, a fábrica de Mercedes tivo que parar a produción este luns despois do plante dos seus 5.000 traballadores. Protestaban porque na factoría houbo un positivo e, segundo din, non se cumprían as medidas suficientes para evitar contaxios.

A Seat presentou este luns un ERE temporal para todo o seu cadro de persoal. Son case 15.000 traballadores en toda España. O plan da empresa é pechar a planta de Martorell 5 ou 6 semanas e retomar a actividade o antes posible. E tamén Nissan acordou parar a planta de Ávila, en que traballan actualmente duascentas persoas.

 

Noticias web

16/03/2020