CRTVG

Buscar

Os traballadores da industria auxiliar das Pontes inician un peche indefinido

Publicado o 15/01/2021 20:43

Logo de meses paralizada a central das Pontes recuperou estes días a actividade pola elevada demanda de enerxía. Un pico puntual que non acaba coa incerteza que pesa sobre os traballadores da industria auxiliar que reclaman unha transición xusta tras o peche da térmica.

Son traballadores de empresas de limpeza, mantemento, laboratorio que retoman as protestas cun peche indefinido que, para cumprir coas medidas anticovid, realizan por grupos rotatorios. Tras meses na rúa e de xuntanzas coas administracións, denuncian falta de solucións.


Teñen solicitadas novas xuntanzas co Ministerio, a Xunta e a propia Endesa. En risco están 180 postos de traballo.


 

Noticias web

15/01/2021