CRTVG

Buscar

O persoal de Meirama fai unha marcha en defensa dos seus postos de traballo

Publicado o 07/05/2019 16:31

Os traballadores da central térmica de Meirama fixeron hoxe unha marcha en defensa dos seus postos de traballo. Camiñaron dende O Mesón do Vento ata Cerceda, onde está situada a planta que pechará o verán do ano que vén.

Os traballadores pídenlle a Naturgy que concrete os investimentos que no seu momento anunciou, por valor de 80 millóns de euros, e tamén cales son os plans da empresa para recolocar os 77 operarios que traballan a día de hoxe na central. Piden que se manteña como centro de produción, aínda que non sexa co carbón como materia prima.

Noticias web

07/05/2019