CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Os terroristas de Barcelona conseguiran fabricar 100 quilos de explosivos

Publicado o 14/09/2017 14:52

A célula que atentou en Barcelona e Cambrils o 17 de agosto planificara un ataque sen precedentes en Europa.

'El Periódico' accedeu á confesión de Mohamed Houli Chemla, o terrorista que sobreviviu á explosión da casa de Alcanar, actualmente en prisión. Segundo declarou, a célula conseguira fabricar pola súa conta 100 quilos de explosivos con acetona, auga osixenada e ácido sulfúrico. O material ocupaba toda a primeira planta da vivenda e trataban de secalo con ventiladores. A súa intención era repartir a carga en tres furgonetas que detonarían en enclaves estratéxicos, entre eles, a Sagrada Familia, segundo confesou o terrorista.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí