CRTVG

Buscar

Os termómetros superaron os trinta graos en toda a costa atlántica

Publicado o 27/05/2020 21:20

Na costa non había aviso por altas temperaturas, pero os termómetros chegaron aos trinta graos en todo litoral atlántico. Nesta tarde de verán, aínda en privamera, tocou aliviar a calor metidos no mar. Nin unha soa nube no ceo, loce o sol pero ademais de facelo con todo o seu esplendor, quenta como se fose verán. Ou iso é o que reflicten estas imaxes... A sorte quixo que este tempo chegase na semana na que xa podemos ir á praia

A calor chegou a todo a costa atlántica. En Ferrol os termómetros subiron ata os 30 graos, na Coruña estiveron a piques, quedaron en 29. No litoral norte, o vento do nordés mitigou a sensación de calor. No sur non houbo alivio para o 34 graos que alcanzou Pontevedra e os 32 de Vigo. A única receita para non abafar, a auga. Os baños prestaron e moito. Tamén hai a quen lle chegou con meterse ao mar. Ou con xogar na súa beira.



 

Noticias web

27/05/2020