CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Os termómetros suben dende hoxe ata o xoves acadando máximas de 30 graos

Publicado o 01/06/2015 20:54


Preséntase outra semana de calor: a partir de hoxe as temperaturas subirán de novo e o xoves superarán os 30 graos en boa parte de Galicia.

Parece que o bo tempo se asenta en boa parte de Galicia. Os termómetros soben grazas a unha masa de aire quente, e por iso podemos sentirnos con sensación de bochorno. Aínda que mañá pode aparecer algunhas nubes nas rías altas, o verán xa está á volta da esquina e nótase nas rúas.

"Estou contento porque en Galica chove moito e mira que bo dia". "Que veña xa o verán de verdade". "Estamos xa cansados de chuvia aínda que eu o paso mellor co tempo regular que non con moita calor". "A min encántame a calor, este tivemos un inverno moi suave, a verdade, non nos poidemos queixar do inverno que tivemos non houbo cicloxéneses explosivas, aínda que antigamente se dicía mira como chove, pero se chaman así, pero a min o que me gusta é a calor".

Pois xa o saben: a calor volve de novo e de hoxe ata o xoves as temperaturas seguirán subindo ata acadar os 30 graos en boa parte de Galicia. Todo menos no sistema montañoso de Lugo e Ourense, onde o ambiente pode ser tormentoso.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí