CRTVG

Buscar

Os termómetros alcanzarán os 25 graos en Ourense nesta xornada

Publicado o 11/03/2020 15:48

En Ourense ao mediodía, os termómetros xa marcaban 18 graos e o mercurio non deixou de subir ata achegarse os 25 graos. Son temperaturas anómalas para esta época do ano que lles permiten aos ourensáns gozar dunha primavera adiantada.

"Si, para marzo é alta a temperatura, pero ben, aguantarémolos ben". "Aquí gozamos dos extremos, no inverno con moito frio e no verán con moita calor, estamos como queremos".

O coronavirus tamén invade as conversas sobre o tempo, a pesar de que os expertos insisten en que a crenza de que a primavera axudará a conter o Covid-19 non ten fundamento.

"A ver, ben, vén ben agora co tema do coronavirus a ver se vén este soliño e nos quita todos os problemas que temos".

Con todo, a previsión apunta a que a noite será máis ben fría e mañá en Ourense seguirá indo calor, pero xa haberá máis nubes.

Noticias web

11/03/2020