CRTVG

Buscar

Os temporais xogan en contra dos percebeiros que comezan a campaña de Nadal

Publicado o 17/12/2019 14:34

Loce o sol na costa da Vela do Morrazo e medio cento de percebeiros de Cangas prepáranse para iniciar a campaña deste Nadal. Por fin poden acceder ás zonas que tiñan reservadas para esta época do ano. Antes foi imposibe por mor do tempo.

Alí permanecerán arredor de catro horas, o que a marea lles permita e as propias ondas, que hoxe aquí son de máis de tres metros de altura.

O tren de borrascas que acompañará Galicia polo menos ata a vindeira semana non lle garante que volvan saír mañá. Unha xornada máis en que volven deixar de gañar ante a incesante demanda destas datas.

Os primeiros percebes desta campaña de Nadal en Cangas chegarán esta tarde á lonxa. O seu prezo podería acadar os 150 euros no mercado.

Noticias web

17/12/2019