CRTVG

Buscar

Os temporais reducen a variedade de peixe nos mercados de abastos

Publicado o 06/11/2019 13:33

A vaga de temporais que se sucederon nos últimos días provoca a escaseza na variedade de peixes nos mercados de abastos das cidades e, por conseguinte, ás veces o encarecemento dos prezos. Certo é que paseando polo mercado de abastos de Santiago non é difícil marchar para a casa cun bo peixe. Pode que non haxa múltiple oferta, pero tampouco escasea, que é o que se pensa cando se achega o inverno duro ás costas galegas.

O vento, o mal mar e mais os temporais afectan especialmente as variedades de costa e a pesca de baixura. As veces o prexudizo duns é beneficio para outros e este é o caso das tendas de conxelado que cando os veciños de posto non teñen tanta oferta eles benefícianse desta situación.

A pesar das incidencias do tempo, as vendedoras amósanse optimistas e aseguran que é habitual nesta época de mal tempo, pero non obstante animan a xente a achegarse ao mercado, pois segue habendo xénero de gran calidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2019