CRTVG

Buscar

Os temporais de vento, chuvia e ondada non abandonan Galicia

Publicado o 15/12/2020 21:28

Todos os que saíron este martes ao mar tiñan en mente a Manuel Lema, o percebeiro falecido o luns en Laxe. O temporal que afecta estes días toda a costa galega preocupa aínda máis as súas familias. Lema estaba só cando o levou unha onda. Este martes as mulleres e familiares dos percebeiros de Muxía non os perdían de vista.

"Precisamente por iso, porque sempre che dá máis medo con mal tempo, parece que estás máis tranquila se o ves no momento".

"Somos mulleres de percebeiros e correspóndenos estar informadas, por iso estamos pendentes do tempo sempre".

"E desde aquí os percebeiros de Muxía queremos amosar a nosa unión con eles porque o sentimos como se fose de aquí".

O tempo seguirá empeorando nas vindeiras horas. Durante este mércores manterase o aviso amarelo por mar de fondo en toda a costa das provincias de Pontevedra e A Coruña. As ondas terán de media cinco metros de altura. O vento e a chuvia serán especialmente fortes nas provincias atlánticas e na montaña de Lugo e Ourense.

Noticias web

15/12/2020